Este rapaz adícase entre outras cousa a manexar o
3D Studio Max, polo tanto nesta sección amosaremos algúns
dos seus traballos. Na primeira parte da páxina podedes ver imaxes
realizadas por Xan, na segunda parte as animacións que ten realizado.
Área de Imaxes |
Este debuxo paréceme xenial (é
unha opinión persoal, pero se o vedes ampliado pensaredes
o mesmo ca min).
|
|
Neste traballo o 3D está na botella
que se atopa enriba da mesa, o efecto da sombra e a transparencia
do cristal está moi logrado.
|
|
Práctica do efecto da luz nun entorno de espacio.
Inclúe un asteroide para que quede mellor. |
|
Este é un detalle dunha sala onde se atopa unha
especie de robot que asemella o do serial "Futurama" de Matt Groening.
|
|
Área de
Vídeos |
Primeira animación do rapaz, esforzábase para
comezar ben e isto foi o que logrou daquela.
|
|
Nesta animación búscase o que se ve, o
efecto da choiva sumado á penumbra e ós farois. Ten son
para facer ambiente. Moi boa! |
|
Un logo, de qué non creo que sexa
importante. Pero podedes ver que ven queda.
|
|
Esta animación é xenial! Está
moi ben logrado o efecto de movemento e podes botar unhas
risas.
|
|
"Animación do lume" persoalmente está perfecto,
mellor que en moitos xogos do mercado. Este compoñente era parte dunha
animación que perdeuse por mor da incapacidade de rendering da
computadora do rapaz. Aínda temos a ilusión de que algún
día se poida levar a cabo. |
|
"Fonseca". Se es de Santiago de Compostela,
tes que coñecer o palacio e a súa parte interior. Se non o coñeces,
aquí tes un bo reflexo de como é. Ese efecto lapiseiro
é xenial, parece un debuxo animado. O acompañamento musical do
mellorciño que hai. É a miña favorita. |
|
Animación para representar como se constrúe
unha estantería prefabricada. Cosas do traballo do rapaz :) |
|
Esta é unha proba dun plug-in para poder animar
unha personaxe falando. O importante é ver como se acomoda a
boca á voz. Destaca tamén o cigarro da man, é xenial
o efecto do lume. |
|
Este é unha especie de Darth Vader moi
particular, unha personaxe que naceu no ano 1995. Ano que compartimos
Xan e máis eu indo e vindo de Santiago de Compostela á
Coruña. Tempo suficiente para facer amizade, estudiar,crear personaxes
imaxinarias, botar unhas risas, mirar mulleres e seguir tan contentos.
|
|
O noso pequeno personaxe segue a facer das súas.
Nesta ocasión vai correndo por un pasadizo seguido dunha famosa
personaxe fílmica. JAJAJA |
|
Esta é a última animación do rapaz,
nestes momentos non atopa tempo para seguir coa afición ó
deseño 3D. Eu espero que continúe traballando para poder
ampliar esta galería de recordos tridimensionais. |
|